O PRIMEIRO EQUIPO EMPATA E LOGRA A PERMANENCIA:

A SD Burela e a UD Pastoricense disputaban o pasado domingo un emocionante partido no campo da Marosa. O resultado de 1 a 1 reflexa o disputado encontro que se veu no campo entre dous equipos que se xogaban moito, o tanto verde foi obra de Moncho. A SD Burela certifica a súa presenza un ano máis na Primeira Autonómica e o equipo visitante veu como se reducían as súas posibilidades de ascenso.

SD Burela: Borja, Claudemir, Juanito, Pedro, Moncho, Ismael, Bruno, Joao, Jaime, Carballeira e Rodrigo. Tamén xogaron: Moro, David e Gilson.

UD Pastoricense: Josiño, Diego García, Carlos, Iago Ares, Juanma, Mel, Iván García, Dani, Moirón, Martín e Farra. Tamén xogaron: Iago, Iñaki, Peña e Penelas. 

Xogaría tamén nesta fin de semana o equipo infantil. Os rapaces de Julio Cayón caeron derrotados por 4-5 ante o Vilalbés. Nun partido de ida e volta os xogadores verdes mostraron unha gran progresión ante un dos galos da categoría. 

Nesa mesma tarde disputaríanse dous duelos veciñais entre a SD Burela e o Viveiro CF, con vitoria en ambos casos para os veciños. O primeiro disputaríase no campo do Cembedo co vitoria por 4 – 1 para os locais e o segundo sería da liga norte de veteranos gañando os visitantes no campo anexo da Marosa por 0-4.

 

O ALEVIN LOGRA O TÍTULO DE LIGA:

Nunha emocionante xornada, o pasado domingo en Valadouro, o equipo alevin conseguiu o título de liga na quenda de penaltis tras empatar a seis goles contra o Lourenzá. Os rapaces de Óscar Carballeira mostráronse moito máis atinados no punto de penalti e conseguiron levarse o título á Marosa. 

Tamén na mañá do domingo caería derrotado na quenda de penaltis o equipo benxamín. Os rapaces de Nito xogarían a final contra o Santiago de Foz, a posteriori campión, rematando o tempo regulamentario con 2-2 no marcador, os veciños de Foz leváronse o título ao estar máis atinado no punto de penalti. 

O equipo cadete xogaría na casa contra o Milagrosa B gañando comodamente por 4-1. Concluímos o resumo da xornada con derrotas do equipo infantil nas súas visitas a Lourenzá e Viveiro por 1-0 e 3-1 respectivamente.

Nesa mesma xornada producíranse unha nova derrota do primeiro equipo. Os homes de Suso viaxarían ate Outeiro de Rei, onde caerían derrotados contundentemente por 5-1, continuando coa súa particular debacle. O resultado ao descanso era de 2-1 pero a expulsión de Xosé unida ó fallo de tres ocasións claras de gol fixeron fincapé na baixa moral dos verdes que recolleron a cuarta derrota consecutiva, sumando dous meses sen gañar.

Outeiro de Rei: Rosende, Picado, Lucas, Zico, Luis, Óscar, Diego, Santi, Miguel, Alberto e Róber. Tamén xogaron: Héctor, Pachi, Álvarez e Kiko.

S.D.Burela: Borja, Miguel, Xosé, Moncho, Joao, Bruno,  Bruno Monteiro, Julio Neira, Jaime, Carballeira e Rodrigo. Tamén xogaron: Gilson, Antoni, Moro e Roberto.

Goles: 0-1, m.8: Rodrigo. 1-1, m.23: Róber. 2-1, m.40: Santi. 3-1, m.72: Kiko. 4-1, m.79: Álvarez. 5-1, m.89: Santi.

 

NOVA DERROTA DO PRIMEIRO EQUIPO: 

Un Burela falto de ideas caeu derrotado ante un Castro moi efectivo. Os visitantes marcharon ao descanso con ventaxa de dous goles e sentenciaron na reanudación. Miguel Gomes maquillaría o resultado final ao transformar un penalti. 1-3 para o Burela que se acerca aos postos perigosos da táboa.

S.D.Burela: Borja, Pedro (Cortegaza, min 60), Julio Cayón, Claudemir (Rodrigo, min 46), Moncho, Julio Neira, Gilson (Miguel Gomes, min 55), Carballeira, Jaime, Balbino e Sito (Bruno Santos, min 80).

Derrota tamén do equipo de Abel. Tras conseguir o campionato de Liga os rapaces do equipo xuvenil caeron derrotados no dificil campo da Mina por 3-2. A falta de intensidade no partido foi clave para non acadar un mellor resultado. 

Os cadetes conseguiron un positivo empate no campo do Polvorín. O equipo local púxose con ventaxa de dous goles no marcador pero Álvaro con dous goles levaría o empate ao marcador 2-2 para os verdes.

O equipo infantil foi o goleador desta xornada, tras gañar por 8-1 ao Polvorín. Arón Coto e Heder con tres goles cada ún foron os protagonistas do duelo. 

OUTROS RESULTADOS

SD Burela Alevin A  9-3 SD Burela Alevin B

SD Burela Benxamin A 13-3 Mondoñedo CF

Santiago de Foz 2-0 SD Burela Benxamin B

SD Burela prebenxamin 5-4 SD Ribadeo B

SD Burela Veteranos 3-0 CD Treviense

 

OS XUVENÍS PROCLÁMANSE CAMPIÓNS DE LIGA:

Os de Abel proclamáronse campións de Liga o pasado sábado ante o Sagrado Corazón, nun partido que tivo que ser suspendido durante dez minutos por unha intensa granizada que non se quixo perder a celebración mariñá.

O Burela demostrou dende os primeiros minutos que era o que máis se xogaba neste encontro e ao descanso xa ia por diante no marcador por 2-0 gracias aos goles de Germán e Miguel. Na segunda parte a granizada obligou a parar o partido, polo que a intensidade baixou e o Sagrado Corazón recortou distancias co 2-1 final.

Outro dos partidos do sábado foi o xogado polo infantil.  Os rapaces de Julio perderon por 3-1 ante as Escuelas Lucenses. O partido foi controlado de principio a fin por os rapaces de Lugo e os de Julio non tiveron opción algunha neste encontro.

O partido da xornada de domingo foi a derrota do primeiro equipo ante a Milagrosa por dous goles a un, o tanto verde anotouno Jaime no minuto 5. O conxunto da capital foi superior, xa que se xogaba o descenso ante un Burela que tivo na convocatoria a catro xuvenís.

S.D.Burela: Ramón; Xosé, Gilson, Luis, José Ramón, Rodrigo, Julio, Pedro, Jaime, Fabián e Balbino. Tamén xogaron Claudemir, Alessandro, Augusto, Miguel e Julio Gomes.

OUTROS RESULTADOS:

SD Burela alevin b 5 – 7 SD Burela alevin a

Mondoñedo CF 3  - 5 SD Burela  Benxamin A

SD Burela benxamin B 1  - 2 Santiago de Foz

AD Praia de Covas 7-1 SD Burela prebenxamín

 

SEMANA SANTA DEPORTIVA DENTRO DA SD BURELA:

Os partidos comezarían o xoves santo, co adianto do partido de cadetes entre a SD Burela e o Friol. A vitoria por 5-1 do equipo de Jaime plasmou a superioridade mariñá ante un combativo equipo de Friol.

Este mesmo día participarían no X Torneo de Cerceda os prebenxamíns e o benxamín b, os pais dos rapaces costearon esta viaxe para que os nenos poidan seguir participando nestes torneos, a participación en Cerceda foi existosa notandose a diferencia de idade en ámbolos casos pero peleando con dignidade

O viernes santo foi turno dos alevins e os benxamins a no X Torneo de fútbol base San Pedro en Andés (Asturias), a organización do torneo por parte da SD Burela foi igual que para Cerceda, costeando os pais a viaxe dos nenos. Os alevins logo de vencer ao equipo local por 2-1 e ao U.D. Castros por 6-0 empatou coa Caridade a un gol na fase de grupos. Nas semifinales gañaria con solvencia ao Navia por 4-0 e perdería 4-3 a penaltis coa Caridade tras unha gran final disputada entre os dous mellores equipos do torneo que acabaría con empate a tres goles.

No canto dos benxamins A gañarían o seu primeiro partido 0-5 ás EM EL Franco e vencerían por 3-1 ao equipo local pasando, o Andés CF pasando como primeiros clasificados do seu grupo. Nas semifinais gañarían ao Barres CF por 1-3 e repetirían resultado na final por 3-1 ante a SD Ribadeo nun duelo veciñal.

O último dos partidos desta longa fin de semana foi o disputado por o equipo de Julio Cayón, os infantís, que gañaron nun emocionantisimo encontro ao Sarria SD por 5-4

 

RESUMO FIN DE SEMANA:

A xornada de sábado comezou coa vitoria en Lugo dos rapaces do infantil. Os de Julio venceron ao Ferroviaria por 2-4 nun partido moi competido que tivo como nota negativa a lesión de Simón. Terminaba a xornada de mañá cunha abultada derrota dos prebenxamins por 1-16 ante un gran Santiago de Foz.

Continuaba a xornada co partido entre o Pastoricense e a SD Burela xuvenil. O empate a un gol deixa ao equipo de Abel a un punto de gañar o campionato. Miguel foi o xogador máis destacado do encontro e tivo nas súas botas o título ao marrar un penalti nos últimos minutos.

A nota negativa da xornada do sabado foi a derrota do primeiro equipo. Os rapaces de Suso perderon por 1-3 na Marosa ante un Residencia que se xogaba as súas opcións de permanencia e foi superior ao longo do encontro. O gol verde foi anotado por Óscar Carballeira.

S.D.Burela: Borja, Juanito, Félix, Moncho, Pedro, Julio Neira, Revilla, Rodri, Joao, Jaime e David. Tamén xogaron Carballeira, Gilson, Bruno, Julio Cayón e Ramón.

SDC Residencia: Jorge, Melenas, Rubén, Porto, Hugo, Cascudo, Álvaro, Moreno, Pol, Dani e Dieguito. Tamén xogaron Saúl e Barbeito.

A xornada de domingo foi de derbis en alevins e benxamins con resultados parecidos, vitoria para o equipo alevin b, que lle permite seguir vivo na competición por 5-3 ante un frouxo alevin a, e vitoria do benxamin a que lle permite conseguir o premer posto na fase regular.

Os dous alevins mediranse nas semifinais para decidir o título de liga, mentras que o benxamin A mediráse ao Mondoñedo CF e o benxamin b ao Santiago de Foz.

 

DERROTAS NO FIN DE SEMANA: 

O primeiro equipo da entidade caeu claramente na Marosa por cero goles a tres este domingo, ante un Taboada que aproveitou as súas ocasións de gol e que mostrou unha maior capacidade física ante un Burela inoperante en ataque. 

SD Burela: Borja, Pedro, Félix, Fabían (Joao minuto 55), Moncho (Cortegaza minuto 68), Bruno (Julio Neira minuto 46), Rodrigo (Xosé minuto 61), Revilla, Jaime, Miguel Gomes, Juanito (Gilson, minuto 68). 

Na xornada de sábado caeu derrotado o infantil por cinco goles a tres. Un gran Palas guiado por Javier Felipe, autor de catro dos cinco goles do seu equipo, privou da vitoria aos pupilos de Julio que careceron de actitude neste encontro e caeron derrotados merecidamente

SD Burela: Antón, Iago, Simón, Diego, Edmilson, Cleyton, Jordan, Héder, Kaká, Xosé e David Ben. Tamén xogaron: Ángel, Sergio, Joel, David García e Dani García.

 

OS XUVENÍS DISPUTARÁN A FASE DE ASCENSO: 

O Burela xuvenil selou a sua presencia de forma matemática na próxima fase de ascenso á Liga Galega, logo de vencer ao Viveiro B por tres goles a cero e aproveitar a derrota do Xove Lago ante o Pastoricense. Os rapaces de Abel non fixeron un bo partido, pero demostraron unha gran pegada ante un conxunto visitante que se presentou con moitas ausencias. Sito, Germán e Roberto foron os autores dos goles locais.

Tamén conseguiu a vitoria o equipo cadete por 1-2 na súa visita ao campo das Gándaras para medirse ao Sagrado Corazón. A primeira parte foi de claro cor local mentras que os rapaces de Jaime non se rendiron e tiñeron a recompensa nos últimos quince minutos tras duas xogadas a balón parado que transformaron Alex Lage e Dionildo.

Caeron derrotados os rapaces do infantil. A maior pegada do conxunto visitante decidiu un partido intenso e moi disputado nunha mañá soleada no campo da Marosa. Os locais levaron a iniciativa na primeira parte, pero na segunda, os visitantes impuxeron a súa pegada para vencer por 0-2

Noutro mal partido tamén caeu derrotado o primeiro equipo (1-0). Nun derbi comarcal contra os veciños de Alfoz cun forte vento reinante no campo, os rapaces de Suso vironse dominados polo xogo físico dos locais nos primeiros minutos. Tras o descanso o Burela impuxo o seu ritmo pero Dani Daniel de falta directa dictaría sentencia para os locais; resultado inxusto visto o escaso fútbol no terreo de xogo. 

CD Alfoz: Simón, Luismi, Morás, Álvaro, Legaspi, Gil, Martín, Pilli, Dani Río, Dani Daniel e Anxo. Tamén xogaron Cora, Cholo e Pablo.

SD Burela: Borja, Pedro, Xosé, Moncho, Fabián, Bruno, Miguel, Jaime, Revilla, Rodrigo e Félix. Tamén xogaron Carballeira, Juan, Gómez, Nilson e Oliveira.

OUTROS RESULTADOS:

AD Santiago de Foz  5 – 7 SD Burela alevin A

ED Lourenzá 12 -1 SD Burela alevin B

AD Santiago de Foz 4 -1 SD Burela benxamin A

SD Burela benxamin B 6 -1 SD Ribadeo C

EF Viveiro prebenxamin 4 – 4 SD Burela prebenxamin

 

O BURELA GAÑA REMONTANDO A UN COMBATIVO CABREIROS:

A SD Burela  venceu por 2-1, o pasado domingo ao Cabreiros, logo de empezar perdendo dende o minuto 4 por gol de Adrían e conseguir a igualada na primeira parte por medio de Félix. Óscar Carballeira na segunda parte marcaría o gol da vitoria para os locais.

S.D.Burela:. Borja, Pedro, Fabían, Moncho, Xosé, Bruno, Revilla, Rodrigo, Miguel Gomes, Félix, Jaime. Tamén xogaron: Cortegaza, Juanito, Óscar Carballeira, Julio Neira e Miguel Pardo.

O derbi da fin de semana protagonizado pola UD Xove Lago e o Burela na categoría xuvenil terminou con reparto de puntos (1-1). O equipo local encontrouse cun dubidoso penalti no minuto un de partido transformado por Oki. Co marcador en contra o Burela foise a polo partido e xenerou múltiples ocasións ante un porteiro local decisivo e o que solo Germán puido batir. Cun Burela volcado en conseguir a súa 11ª vitoria consecutiva terminou o partido nun terreo de xogo en malas condicións para a práctica deportiva.

Caeu derrotado na mañá do domingo o equipo cadete. Os rapaces de Jaime recibían ao lider da categoría. O resultado de 0-3 reflicte a superioridade física dos rapaces do Praia de Covas que viron como Xavi sería o seu máximo referente con dous goles e unha asistencia. Destacar a entrega e intensidade dos cadetes que deron a cara ao longo de todo o partido, cunhas malas condicións climatolóxicas.

Tamén caeu derrotado o equipo infantil da SD Burela, con idéntico resultado ao equipo cadete. Na súa visita a Ribadeo os rapaces de Julio conseguiron complicarlle a vida a un dos favoritos ao titulo, que impuxeron o seu mayor físico para conseguir un resultado positivo.

A nota destacada da xornada é a dos rapaces do Benxamin B e a SD Ribadeo e a súa enorme deportividade.

O Benxamin A, debido as baixas por enfermidade quedouse con tan só 6 xogadores de equipo. O benxamín b xogaba anteriormente contra o Ribadeo B e reforzou aos seus amigos do benxamin A sendo  Lucas, Joao, Jorge e Roberto participes dunha nova vitoria deste equipo que xogaba despois do seu partido.

Gracias a aprobación do seu adestrador e da SD Ribadeo e das súas gañas de disputar un novo partido, os seis nenos do benxamin A puideron xogar un novo encontro e disfrutar deste deporte.

OUTROS RESULTADOS:

ED LOURENZÁ 1 – 7 SD BURELA ALEVIN A

SD BURELA ALEVIN B 4-1 EF VIVEIRO B

SD BURELA A  14 – 3 SD RIBADEO C

SD BURELA B  10 – 2 SD RIBADEO B

SD RIBADEO B 4-2 SD BURELA PREBENXAMÍN

 

VITORIA DO PRIMEIRO EQUIPO ANTE O COLISTA, NUNHA SEMANA MARCADA POLAS LESIÓNS:

O Burela desprazouse o pasado domingo ao campo da Veiga para enfrontarse ao Riotorto. Os rapaces de Suso gañaron por 0-1 con gol de Miguel Gomes no minuto 79 de partido. O encontro foi igualado polas dúas partes, con xogo directo que sirveu para que o Burela saira da mala xeira de resultados.

Riotorto CF: Carlos; Martín, Álex, Borja, Lourido, Ramiro, Cristian, China, Venancio, Toño e Rubén. Tamén xogou Luna.

S.D.Burela: Borja; Pedro, Xosé, Moncho, Fabián, Bruno, Revilla, David, Rodrigo, Miguel e Jaime. Tamén xogaron Carballeira, Julio, Germán e Claudemir.

A xornada das categorías inferiores comezou con derrota do benxamin B por 4-1 no campo do Santiago de Foz. Despois dese partido produciríase un dos actos desafortunados da xornada coa lesión de Jorge Méndez do Alevín B no mesmo campo, que tivo que irse ata o Hospital para enyesar o seu pé dereito. O resultado de 4-0 foi o de menos para o alevin B, logo da lesión do seu compañeiro. Para rematar a xornada da mañá, destacar a vitoria por 6-2 do equipo infantil ante o EF Polvorín.

Xa pola tarde, a xornada continuaría coa vitoria do xuvenil por 3-0 ante o Lourenzá, nun partido práctico e con moita eficacia por parte dos rapaces de Abel que serviu para ver o reestreno de Germán coa camiseta verde, quen axudaría a vitoria cun fermoso gol. Nesta mesma tarde os rapaces do prebenxamíns volverían caer derrotados por o AD Praia de Covas.

A xornada de domingo comezaba coas vitorias do benxamin a e alevin a contra o Mondoñedo Cf ( 11-1 e 7-0 respectivamente) e finalizaria con outra lesión, esta vez no partido entre o CD Foz e a SD Burela de categoría cadete, no cal Javi xogador verde caería lesionado na súa rodilla esquerda e tería que ir hasta o hospital para curar a súa lesión.

 

AS BAIXAS CONDICIONAN O PARTIDO DO PRIMEIRO EQUIPO:

Desprazábase o primeiro equipo da SD Burela hacia Portomarín, o pasado domingo, con sete futbolístas xuvenís nas súas filas. As diferentes ausencias mermaron ao equipo burelao que caeu derrotado por un contudente 6-0.

Portomarín: Valdo, Fabio, Javi, Chantada, Iván, Celso, Raúl, Pisos, Josito, Isaac e Óscar. Tamén xogaron Dani, Cachón, Sito e Deco.

S.D.Burela: Borja, Julio, Xosé, Joao, Pedro, Bruno, Alesandro, Miguel, Hilario, Óscar e Rodrigo. Tamén xogaron Álex, Fabián, Rui e Édmerson.

Nas categorías inferiores, con descanso dos equipos alevin, benxamin e prebenxamin nesta xornada, os rapaces do equipo xuvenil conseguiron a súa novena vitoria consecutiva, os cadetes empataron a dous goles e os infantís gañaron por 0-9.

Os rapaces de Abel desprazáronse ao campo do Pepe Barrera o pasado sábado. A SD Ribadeo, un dos equipos que os venceu ao longo da liga, púxose por diante no marcador e conseguiría chegar con ventaxe ao descanso de 1-0 ao descanso. Tras o paso por os vestiarios, Sito empataría o encontro cun potente disparo dende fora da área, e Miguel Gomes con dúas xogadas persoais levaría a ledicia á parroquia verde desprazada ao campo veciño que veu como os rapaces conseguiron unha traballada vitoria por un gol a tres.

Na mañá do sábado conseguirianse unha nova vitoria. Esta vez foi o turno do equipo infantil, que se desprazaba ao campo do San Roque. O alevín David Ben con catro goles foi o xogador máis destacado do encontro no cal os rapaces de Julio foron superiores en todo momento e gañaron por  0-9

Noutro dos duelos contra o San Roque, o equipo cadete empataría a dous goles logo dunha boa segunda parte dos pupilos de Jaime que viron as orellas ao lobo tras chegar ao descanso con cero goles a dous e mellorar na segunda parte e conseguir un meritorio empate a dous goles.

 

O LOURENZÁ VENCE NO DERBI DA MAROSA:

O equipo de Lourenzá venceu o pasado domingo ao Burela cun gol de Moncho no minuto 90 de partido.

O partido estivo marcado polo intenso frio e o vento reinante no campo da Marosa. Ambos conxuntos dispuxeron de ocasións para inaugurar o marcador antes, pero a mala fortuna no caso do Burela ou un gol anulado no caso do Lourenzá privaron dun marcador máis abultado. Moncho no minuto noventa daría a vitoria aos visitantes tras un gol conseguido nunha contra.

S.D.Burela: Borja, Miguel Pardo, Xosé, Cortegaza, Fabián, Revilla, Julio Neira, Óscar Carballeira, Joao, David e Rodrigo. Tamén xogaron Pedro, Miguel Gomes, Edson e Sito.

Lourenzá: Bugui; Isra, Pepe, Omar, Patxi, Oli, Marcos, Noé, Bruno, Recalde e Jorge. Tamén xogaron Moncho, Dani Rego e José.

Abel e os xuvenís continúan coa súa xeira de resultados positivos. A oitava xornada con vitoria foi ante o CD Foz. Nun partido onde o marcador ao descanso era de 2-0 os rapaces de Abel realizaron un completo partido hasta chegar ao 4-0 final co cal conseguían seguir líderes da táboa.

A viaxe máis longa do fin de semana foi para os cadetes. Os rapaces de Jaime desprazáronse a Sarria para medirse co equipo local, que venceu por 4-1. A dinámica de xogo dos rapaces non é psoitiva e deberán seguir adestrando para conseguir mellores resultados.

Outro dos partidos da casa, do pasado fin de semana, foi o do equipo infantil. Os rapaces de Julio iniciaron o partido mal e fóronse ao descanso con cero a un no marcador. Tras o descanso puxéronse as pilas e gañaron por cinco goles a un, con Dani López como máximo responsable da remontada, ao anotar tres goles.

OUTROS RESULTADOS:

SD Burela Alevín A 4 – 1 SD Burela alevin B

SD Burela benxamin A 5 – 4 SD Burela benxamín b

AD Santiago de Foz 11 – 1 SD Burela prebenxamín

 

LIDER EN PUNTOS, CULTURAS Y RAZAS (EL PROGRESO 10/02/12):

El ´fútbol no es sólo el deporte nacional por excelencia, sino que algunas veces sirve como ejemplo de integración social. Es el caso del equipo juvenil de la SD Burela, actual líder del grupo Norte de la Liga Provincial.

El vestuario de A Marosa es un compendio de razas, culturas y nacionalidades, pero cuando los once jugadores elegidos en cada partido por el entrenador, Abel, saltan al campo piensan todos en un único objetivo: ganar, y, a tenor de los resultados que llevan, lo van cumpliendo a rajatabla.

El grupo principal de jugadores lo integran los españoles, con diez futbolistas con pasaporte de esta nacionalidad, pero muy cerca en número están los caboverdianos. Hasta ocho futbolistas nacidos en la colonia portuguesa han jugado ya en esta temporada con la elástica verde. También Portugal, Perú e incluso Pakistan tienen representación en la torre de babel que es, algunas veces, el vestuario burelés.

Mohammad Umer llegó este verano al campo de A Marosa después de que su familia se hiciera cargo de un local para convertirlo en un Kebab. Los compañeros decidieron acortarle el nombre y ahora es Umer, aunque algunas veces le apodan de forma cariñosa como ‘Kebab’, pero es ya uno más dentro del compendio de nacionalidades del cuadro burelés.

Umer juega como portero y su presencia en el Burela es una de sus primeras experiencias deportivas. «Se adaptó muy bien pese a que nunca jugó al fútbol antes. Al principio nos llamó la atención porque no habíamos jugado nunca con un paquistaní, pero ahora es uno más dentro del equipo», señala Miguel Gomes, uno de sus compañeros.

Umer no solo entrena a las órdenes de Abel junto al resto de sus compañeros, sino que asiste también a los entrenamientos específicos de porteros que imparte Chus, segundo entrenador del primer equipo y preparador de los metas del club burelés. Umer ha ido poco a poco mejorando su nivel y depurando su estilo e incluso ha jugado como titular algún partido de la Copa.

TOQUE SURAMERICANO

El acento suramericano de la plantilla lo pone el peruano César Atoche Vargas, que lleva ya varias temporadas en las categorías inferiores de la SD Burela y que en esta temporada perdió en el vestuario uno de sus mejores amigos y compañeros de nacionalidad, Antony, que ahora está en los juveniles del San Ciprián, en la Liga gallega. Atoche ha pasado por diferentes posiciones en el campo, ya que en infantiles jugó como delantero, destacando como goleador, y ahora cumple habitualmente funciones de lateral.

LOS CABOVERDIANOS 

La presencia de los caboverdianos en la SD Burela es ya una tradición desde que Valú y Adriano llegaron hace muchos años al club verde y abrieron el camino para los muchos compatriotas que han vestido la elástica verde. El capitán, ‘Capi’ para muchos de sus compañeros y uno de los líderes del vestuario y habitual en el primer equipo es Miguel Gomes. Miguel nació en Burela y tiene pasaporte español, pero sus raíces son caboverdianas, donde nacieron su familia y sus hermanos mayores. Miguel puede hablar a la perfección los dos idiomas, igual que muchos de sus compañeros, y ejerce a menudo de nexo de unión entre todos los futbolistas, aunque asegura que casi nunca tiene que mediar. «Llevamos todos compartiendo vestuario muchos años y nos llevamos muy bien. No hay grupos por nacionalidades ni mucho menos, todos somos amigos y aprendemos los unos de los otros», señala.

Miguel, que estuvo a punto de fichar este mismo verano por el CD Lugo, es la gran estrella del equipo y renunció a jugar en varios equipos de la Liga gallega para conseguir su segundo ascenso con el club burelés, algo que ya hizo con el equipo cadete. «Estamos muy ilusionados con la posibilidad de jugar la fase y de ascender, si es posible. Sabemos que aún queda mucho, pero el otro día estuvimos viendo un Viveiro-Residencia de la Liga Gallega y ‘Chispa’ (apodo de Runi) comentó que ahí es donde vamos a estar jugando la temporada que viene», dijo.

LOS ESPAÑOLES

Otro jugador con gran peso dentro del vestuario y en el terreno de juego es Moro, que también debutó ya con el primer equipo y es habitual en las convocatorias de Primera Autonómica, igual que Sito, Claudimir o Álex. El centrocampista burelés, que es uno de los diez españoles en el equipo, coincide con Miguel en la unidad absoluta del vestuario, sin importar las razas o el idioma de los jugadores. «Hai diferencias culturais, pero respetámonos todos. Tódolos xogadores que chegan son benvidos sen importar de onde veñen», comenta el jugador, que destaca la gran alegría que traen al vestuario los jugadores caboverdianos. «A maioría son uns festeiros, están sempre cantando e bailando á primeira oportunidade», asegura Moro, que ve como esta alegría se traduce en las celebraciones de los goles. «Sempre pasa algo cando marcamos un gol. O outro día Bruno arrancou cun baile tremendo despois de marcarlle ó Praia de Covas. Nós xa nos contaixamos e Sito tamén festexa os goles dun xeito diferente e curioso».

KIKE

Una muestra del excelente ambiente que hay dentro del vestuario es la preocupación de los futbolistas por el lesionado Kike, un jugador que lleva varios años con problemas en las rodillas y que ahora lleva un par de meses alejado de los terrenos de juego. «No vestuario sempre nos lembramos del e seguro que antes do final da tempada lle prepararemos unha sorpresa, aínda que esperamos que poida xogar canto antes», señalan Miguel y Moro.

NÚMEROS ESTELARES 

El cuadro burelés ha ido de menos a más en el campeonato provincial. Tras un comienzo titubeante, en el que llegó a sumar dos derrotas, ahora lidera la clasificación con solvencia, con 27 puntos, seis más que el Pastoricense y el Pontenova, sus directos perseguidores. El conjunto verde ha ganado nueve de los once partidos disputados y encadena ya una racha de siete triunfos consecutivos que la ha disparados en la clasificación. Su último triunfo fue el pasado fin de semana en Cospeito, por 2-4, en el primer partido de la segunda vuelta.

El encargado de hacer funcionar el multiétnico vestuario burelés es Abel, un técnico que cumple su segunda temporada con este equipo.

¿Cómo lleva lo de entrenar a jugadores de tantas nacionalidades diferentes?

Muy bien, no me supone ningún problema. Al final todos arriman el hombro para que el equipo vaya bien y eso es lo importante. Los caboverdianos se adaptan con facilidad y aprenden el idioma muy rápido, lo que facilita el trabajo.

¿Le llama algo la atención de ellos?

A nivel personal, su alegría, y a nivel deportivo, su enorme capacidad física. La mayoría tienen unos recursos físicos que son difíciles de ver en el resto de los jugadores.

También entrena a un jugador paquistaní, ¿qué destacaría de Umer?

Su compromiso y su ánimo de aprender y de adaptarse.

¿Cómo valora la trayectoria del equipo?

Muy buena, creo que todos hubiéramos firmado estar a estas alturas con seis puntos de ventaja. Es cierto que dejamos escapar dos partidos al principio, pero ahora estamos en el mejor momento.

¿Se habla ya de la promoción de ascenso en el vestuario?

Supongo que los chavales hablarán de ello, pero yo no pienso más allá del próximo partido, ante el Foz. En la segunda vuelta nos quedan partidos muy duros, sobre todo fuera de casa, en Xove, Pontenova y Pastoriza. Queda mucho camino por recorrer.

¿Cree que hay equipo para ascender?

Creo que nos vendrían bien un par de jugadores más.

 

RESUMO DA FIN DE SEMANA:

O primeiro equipo desprazábase, o pasado domingo, ao dificil campo de A Pinguela, feudo do CD Lemos líder da táboa.

As baixas visitantes e o bon facer local fixo que o resultado de 6-2 refrexara a superioridade do CD Lemos, ante unha SD Burela que prantou cara cun equipo pragado de xuvenís debido ás diferentes lesións e sancións.

Lemos: Macía, Sergio Campos, Pacín, Dafonte, Alami, Brian, Diego Quiroga, Marino, Fran, Fabrice e Diego Torres. Tamén xogaron Máikel, Carrasco, Martín, Adrián e o porteiro Víctor Vila.

S.D.Burela: Borja, Miguel, Xosé, Pedro, Fabián, Juanito, Revilla, Carballeira, Miguel, Julio Neira e Rodrigo. Tamén xogaron Sito e Dávid.

Outra das viaxes desta fin de semana foi a do equipo xuvenil. Os rapaces de Abel xogaron o seu partido o pasado sábado no dificil campo do Cospeito. O partido púxose de cara para os locais con dous goles nos primeiros dez minutos, pero David antes de finalizar a primeira parte acercaba aos verdes no marcador.

Tras o descanso o equipo visitante foi superior e conseguiu vencer por dous goles a catro levando a séptima vitoria consecutiva ao seu casilleiro e aumentando a distancia con respeto ao segundo que se sitúa xa a seis pu ntos.

Tamén se desprazou o equipo infantil. No seu caso a Sarria para xogar contra a ED Ribela. Os rapaces de Julio realizaron un mal partido ante un frouxo rival, pero aínda así gañaron por cero goles a tres e seguen mostrando unha linea continúa de resultados.

A xornada completouse con dúas vitorias na categoría benxamín, empate e derrota para o alevín a e alevin b respectivamente e derrota dos máis pequenos os prebenxamíns.

 

MAL DÍA NO CAMPO DA MAROSA:

O primeiro equipo caeu derrotado o pasado domingo por 0-2 ante un Bóveda que aproveitou mellor as súas ocasións de gol, para irse ao descanso con 0-2. Na segunda parte o Burela gozou da posesión do esférico pero sen ocasións claras de gol.

S.D.Burela: Borja, Cortegaza, Xosé, Pedro, Fabián, David, Bruno, Jaime, Óscar Carballeira, Julio Neira, Rodrigo. Tamén xogaron: Revilla, Juanito, Miguel Gomes, Fran e Claudemir.

Os rapaces de Abel xogaron o pasado sábado un encontro cheo de incidentes, un apagón no tendido eléctrico fixo que o partido se xogara a partir das 19:30 horas. O encontro foi de cara para o conxunto xuvenil con dous goles de Sito e Miguel pero antes do descanso Xenxo acercaría ao cabeiro da táboa. Na segunda parte Xenxo dispuxo dun penalti para poñer o empate no marcador, que supuxo a expulsión de Moro. Tras ese penalti o Burela sentenciou con goles de Miguel de penalti e Dani de xogada persoal.

A SD Ribadeo remontou na mañá do domingo o gol inicial de Álex Lage para os cadetes, nun partido no cal os visitantes mostraron mais gañas de vencer. O primeiro gol chegaría aos quince minutos do encontro, pero xa cinco minutos máis tarde empataría o Ribadeo que se poría por diante antes de chegar ao descanso, con 1-2 no marcador. Na segunda parte o Burela intentou o empate pero sen resultados.

O equipo infantil viaxou a Lugo esta fin de semana para gañar por 1-3 ao Sagrado Corazón. Os pupilos de Julio aproveitaron as súas ocasións para irse ao descanso con 0-3 no marcador. Na segunda parte os locais apretaron  máis e conseguiron acercarse e por o medo no corpo aos seguidores do equipo infantil, pois estrelaría dous tiros ao pao nesta segunda parte, como ocasións máis claras.

OUTROS RESULTADOS:

Sd Burela alevin a 7 – 2 Santiago de Foz B

Sd Burela alevin b 2 – 12 ED Lourenzá

Sd Burela benxamin A 8 -5 Santiago de Foz

Sd Ribadeo C 4 – 6 SD Burela benxamin b

Sd Burela prebenxamín 0 – 6 EF Viveiro

 

VITORIA NO DIFICIL CAMPO DE O BALIÑO:

A SD Burela gañou por 2-3 no campo de O Baliño, en Ferreira de Pantón, logo dun gran partido. Os rapaces de Suso fixeron unha gran segunda parte e mereceron a vitoria ante un rival que leva un mes sen lograr os tres puntos. Anotaron os goles verdes: Óscar, Jaime e David. 

S.D.Burela: Borja, Moncho, Pedro, Juan, Félix, Julio Neira, Rodrigo, Óscar, Bruno, Xosé e Jaime. Tamén xogaron: David, Sito, Miguel e Fran

Os xuvenís de Abel impuxéronse pola mínima (1-0) ante un Pontenova organizado e loitador. O cadro verde tivo a fortuna de cara pois conseguiu adiantarse por medio de Edkerson logo dun barullo na área no minuto 30. Na segunda mitade, o partido seguiu a mesma tónica, pero sen acerto de cara a porta dos equipos. 

O viaxe a Monterroso dos cadetes de Jaime serviu para acadar un valioso punto. Na primeira parte o dominio do xogo foi equitativo para ambos equipos. Na segunda os locais adiantarianse de falta directa e terían ocasións para sentenciar con dous disparos ao longueiro. Os verdes levaron o peso do partido nesta segunda metade, e conseguiron o empate por mediación de Dani, capitán do equipo que viña de disputar 90 minutos co equipo xuvenil a gran nivel, e que levaría o merecido empate ao marcador tras un gol de volea que cegaría tras un rexeite dunha falta 

Os rapaces de Xulio impuxeronse o pasado sábado por 9-0 a un combativo Residencia B infantil. O partido de claro dominio verde foi dominado dende o primeiro minuto e os goles foron chegando hasta o definitivo nove cero. 

OUTROS RESULTADOS:

SD Burela Alevin A 5 -4 ED Lourenzá

EF Viveiro B 3 -3 SD Burela Alevin B

SD Ribadeo C 1 – 9 SD Burela benxamin A

SD Ribadeo B 6 – 11 SD Burela benxamín B

 

TRES PUNTOS NO DESCONTO:

A S.D.Burela logrou a vitoria pola minima fronte a S.D.Valadouro (1-0) nun partido con poucas ocasións por parte de ámbolos conxuntos. O xogo directo impúxose sobre o combinativo, debido a que o campo non estaba nas mellores condicións.

O Valadouro saíu ben no primeiro cuarto de hora, pero o Burela fíxose có partido có paso dos minutos, obrigando ós visitantes a meterse atráis. Óscar no desconto deu a vitoria ós verdes cun gran remate de cabeza.

S.D.Burela: Borja; Miguel, Moncho, Fabián, Félix, Julio, Revilla, David, Óscar, Rodrigo e Jaime. Tamén xogaron: Pedro, Juanito, Bruno, Edson e Xosé.

S.D.Valadouro: Dani; Jónathan, Marrube, Trigo, Borja, Óscar Otero, Paquito, Cálido, Cristian, Pipe e Chiqui. Tamén xogaron: Noguérson e Álex Castro.

No relativo a canteira verde destacar a vitoria dos xuvenís no campo do Sagrado Corazón (1-2) que os manteñen unha semana máis no alto da táboa, tamén gañarían nesta xornada os infantís por un claro 7-1 ás EF Viveiro, mentras que os cadetes empataron a dous ante o Residencia B.

 

TAN SÓ UNHA VITORIA NO INICIO DO ANO: 

A xornada do fin de semana comezaba o pasado sábado coa derrota do infantil ante o Vilalbés.  Os rapaces de Julio Cayón caeron derrotados por catro goles a un ante o Vilalbés. O partido foi disputado por ámbolos dous conxuntos e decideuse na efectividade a balón parado dos locais.

Caeu tamén derrotado o conxunto xuvenil por dous goles a un.. Os rapaces de Abel disputaban a final da Copa de Nadal, o pasado sábado á tarde, ante o Xove Lago no campo Municipal de Xove. Sito adiantaría aos visitantes na primeira parte e Felgo marcaría os dous goles a favor dos locais que se levarían o primeiro título oficioso da tempada.

A última das derrotas foi a do equipo cadete, que o domingo pola mañá, caería derrotado por 0-4 ante o Viveiro. Os pupilos de Jaime disputaron un mal partido ante un dos mellores rivais que pasaron pola Marosa.

A única vitoria da xornada foi a do primeiro equipo. Os rapaces de Suso tiveron que remontar ante o Xermade que se adiantou no marcador na segunda parte de falta directa. Moncho e Gilson remontarían o encontro por parte verde.

S.D.Burela: Borja, Miguel, Fabían, Moncho, Revilla, Jaime, Julio, Juanito, Rodrigo, Óscar, Xosé. Tamén xogaron: Miguel Gómes, Félix, Claudemir, Sito

Xermade: Marcos, Lucho, Óscar, Fontao, Set, Toni, Esteban, Ortigosa, Rubén, Íñiguez e Adrían. Tamén xogaron: Luis Manuel, Mario, Manuel, Narciso.

 

A SD BURELA CORONASE TRAS GAÑAR AS FINAIS DE ALEVINS E BENXAMÍNS:

O Burela A alevín logrou o título de campión da comarca da Mariña tras unha intensa xornada celebrada no campo de O Cembedo.

A xornada comezaría cun duelo fraticida entre o Burela A e o Burela B que se saldaría con 6-4 a favor dos primeiros. Os rapaces de Óscar venceron logo nas semis aos anfitrións do Viveiro B por 12-4 e gañaron na final ao Lourenzá por 6-4 logo de remontar un 3-1 na primeira parte.

A Marosa viveu unha xornada inmellorable. Sede do campionato benxamín da Copa da Mariña, onde participaron Ribadeo, Mondoñedo e Foz ademáis dos anfitrións que acapararon todas as miradas ao disputar a final. A igualdade entre Burela A e Burela B foi tal que o campionato tivo que decidirse tras o punto de penalti unha vez que o partido finalizou con empate a un gol.

As penas máximas foron clave para os rapaces de Nito que xa gañaron ao Santiago de Foz en semifinais por este modo. Máis contudente foi a chegada á final do equipo de Javi. Venceron no primeiro duelo ao Mondoñedo por un axustado 3-2 e por 9-4 ao Ribadeo nas semifinais.

Os pupilos de Abel xogarán a final desta competición, o próximo 7 de xaneiro, con sede por determinar, logo de vencer por 2-6 ao SD Ribadeo e facer valer a vitoria a penaltis fronte ao Pontenova.

O rival neste partido será o Xove que venceu no seu grupo ao Praia de Covas e Viveiro nunha final que se presenta emocionantisima.

O equipo infantil, dirixido por Toni, tras a lesión de Julio Cayón, venceu por 4-0 ao ED Lourenzá, o primer gol dos rapaces de Toni fixo o partido moito máis facil para os intereses locais e asi poder dedicarlle o seu triunfo ao mister.

Os viaxes desta xornada foron para os cadetes e o primeiro equipo. Os primeiros gañaron na sua visita á Milagrosa por 0-2 con dous goles de Dionildo, mentras que os máis grandes da entidade, perderon por 4-1 no campo do Pastoricense.

Pastoricense: Josiño, Iago García, Iago Ares, Cami, Carlos, Iñaki, Raúl, Mel, Diego, Farra e Iván Seco. Tamén xogaron: Iván García, Martín, Penelas, Peña e Xosé.

S.D.Burela: Borja, Miguel Pardo, Xosé, Moncho, Juanito, Julio Neira, MIguel Gómes, Félix, Rodri, Balbino e Jaime. Tamén xogaron: Sito, Frán, Gilson, Molo e Claudemir.

 

A SD BURELA TUTÉA Ó OUTEIRO:

A SD Burela empatou a un tanto na Marosa, nun partido bonito e con constants alternativas no xogo, no que desperdiciou numerosas ocasións e o final mereceu un mellor resultado. Na primeria metade, de dominio alterno por ambos conxuntos, o primeiro en inaugurar o marcador foi o equipo de Pepe Martín. Trigo, tras aproveitar un rexeite no poste, adiantou ao Outeiro. Despois do tanto, a SD Burela lanzouse a pola igualada e fabricou múltiples ocasións. Julio Cayón, á salída dun corner estableceu o empate de fermosa factura.

S.D.Burela: Borja, Miguel, Xosé, Julio Cayón, Moncho, Julio Neira, Miguel Gomes, Carballeira, Rodrigo, Balbino e Félix. Tamén xogaron Juanito, Joao, Gilson, Edson e Fran.

Outeiro de Rei: Dieguiño, Álex, Carliños, Ziko, Trigo, Iago, Miguel, Óscar, Kiko, Míchel e Roberto. Tamén jugaron Luis, Pichi, Lucas e Picado.

O conxunto xuvenil de Abel debutaba na competición de Nadal, con motivo do parón da liga nesta categoría. O Pontenova un dos galiños da categoría e o Burela desputaron un fermoso partido cheo de ocasións por ámbos equipos e que se resolveu a penaltis por tres goles a un a favor do conxunto burelao.

Os cadetes caeron na Marosa ante un Polvorín, que tivo máis pegada. Nos primeiros minutos os mariñaos tiveron ocasións con un mao a mao diante do porteiro que Helder fallaría. Pouco despois chegaría o cero a un. Con este gol os locais viñeronse abaixo e cinco minutos despois encaixarían o segundo tanto, co que se chegaría ao descanso. Na segunda parte ambos equipos transformarían cada seu penalti que deixaría o resultado fianl de 1-3 .

Nunha brillante primeira parte ante o Polvorín o conxunto infantíl chegaría cun 0-3 ao descanso que sentenciaría o duelo. Na segunda parte os locais mereceron algún gol, pero o porteiro burelao e a falta de acerto evitaron que os tres puntos se quedaran no campo do Mortirón.

 

EMPATE NA VISITA A CASTRO:

Nun encontro moi igualado o Burela sacou un punto na súa visita ao Municipal de Castro. O xogo no mediocampo e o carrusel de ocasións por parte de ambos conxuntos, foi a tónica dominante ao longo dos 90 minutos. Os burelaos adiantáronse no marcador no minuto 1 de partido con gol de Julio Neira, e o Castro igualou no minuto 30 de penalti por medio de Xaime, protagonista do partido, pois no minuto 70 o Burela volveu tomar vantaxe por medio de Balbino, e Xaime de novo empataría no 77 para os locais.

Castro: Portela, Brais, Pedro, Jaime, Andón, Juan Carlos, Máikel, Xaime, Gabi, Alvarito e Saavedra. Tamén xogaron: Rico e Cerco

SD Burela: Borja, Miguel Pardo, Xosé, Fabián, Julio Cayón, Miguel Gomes, Julio Neira, Gilson, Félix, Balbino e Rodrigo. Tamén xogaron: Óscar, Juanito, Joao, Moncho e Javi

SD BURELA INFANTIL 2-1 ESCUELAS LUCENSES 

O equipo dirixido por Julio venceu nun mal partido a un combativo Escuelas Lucenses que mereceu, en boca do adestrador local, unha mellor sorte. Os goles por parte do Burela foron obra de Jordan e Dani López.

OUTROS RESULTADOS:

SD BURELA BENXAMIN A 4-8 RACING CLUB VILALBÉS (Amistoso)

 

O BURELA VOLTA A SENDA DA VITORIA:

O Burela venceu ao derradeiro equipo da táboa, a SDC Milagrosa, que creou perigo en ataque pero amosouse máis feble nas tarefas defensivas. Revilla abriu o marcador mediada a segunda parte cun fermoso disparo dende fora da área e Fran, no seu debut nesta tempada, marcou nos minutos finais a sentencia. 

Ficha técnica:

SD Burela: Borja, Miguel, Fabián, Julio, Xosé, Revilla, Rodrigo, Juanito, Gilson, Felix, Balbino. Tamén xogaron: Edson, Joao, Fran e Javi. 

Milagrosa: Yelko, Stiven, Álvarez, Marcos, Michi, Bruno, Diego, Alberte, Díaz, Hugo e Álvaro. Tamén xogaron: Javi, Fran, Manu e Adrían. 

Abel e os seus impuxéronse ao líder Pastoricense (4-1) nun partido onde tiveron un gran acerto en momentos decisivos do encontro. Os primeiros minutos de xogo foron para os visitantes que impuxeron a súa superioridade física. Co paso dos minutos o equipo burelao foi crecendo chegando ao descanso con 2-0 no marcador. Tras o descanso a pegada local volveu a ser decisiva ao lograr David o seu segundo gol da tarde, que suporía o tres a cero e sentenciaría o partido. Os visitantes recortarían distancias pero nos últimos intres Ailton realizaría o definitivo 4-1.

Os cadetes burelaos sentenciaron o seu partido ante o Friol na primeira parte, con ventaxe de 0-5. Tras o descanso os locais impuxéronse no xogo e os verdes realizaron unha mala segunda parte no calificado por Jaime como peor partido da temporada. 

A visita ao campo do Sarria foi dura para os rapaces de Julio. Hasta en duas ocasións tiveron que remontar os infantís para poder arañar un punto (2-2). O dianteiro local Javi foi o mellor xogador do encontro ao anotar os goles locais. Arón e Heder marcarían para o Burela 

En categorías de Futbol-7 os conxuntos alevíns A e B caeron derrotados, o igual que o Benxamín B, a nota positiva foi a do Benxamín A os rapaces aplastaron por 11-1 a SD Ribadeo A.

 

SUFRIDO TRIUNFO ANTE O PÁRAMO:

Un único tanto de Juanito bastoulle á S.D.Burela para acadar a vitoria nun partido que dominou atá o descanso e no que acabou sufrindo. Enfrente atopábase á S.D.O Páramo un dos grandes da categoría. Na primeira metade dominio local, xa que ademáis da acción do 1-0 de Juanito a pase de Rodrigo no minuto 17, o Burela disfrutou de oportunidades para acadar un resultado máis abultado.

Ficha técnica:

S.D.Burela: Borja, Miguel, J.Cayón, Moncho, Fabián, J.Neira, Revilla, Juanito, Balbino, Rodrigo e Félix. Tamén xogaron: David, Gilson, Bruno e Óscar Carballeira.

S.D.O Páramo: Mundín, César, Luisma, Esteban, Peque, Raúl, Rubén, Rasilla, Roberto, Coedo e Dieguito. Tamén xogaron: Manolo e Pío.

Incidencias: Partido xogado no Campo de A Marosa, que rexistrou media entrada. O arbitro foi Silvestre Palacios (Delegación da Mariña) quen expulsou o local Felix e o visitante Dieguito.

Categorías inferiores fútbol 11: Os xuvenís sitúanse líderes.

O sábado xogaronse dous partidos nestas categorías. O primeiro deles disputado no Martinez Otero entre o CD Foz e a SD Burela infantil. Venceron os locais por 4-0 ante un combativo equipo burelao que nunca se deu por rendido.

Na tarde visitarían o campo do Viveiro B os xuvenís. O árbitro anularía un gol aos visitantes e no saque rápido marcarían os locais. Tras ese gol os locais repregáronse e os burelaos gozaron da posesión e das ocasións de gol, índose ao descanso con 1-3 no marcador. Logo do descanso, Roberto dun fermoso remate de cabeza deixaría o marcador co resultado final 1-4.

O último partido destas categorías foi o xogado polo equipo cadete. Os rapaces de Jaime viaxaron ao difícil campo do Becerreá e empataron 2-2.

Categorías inferiores fútbol 7: Vitorias en ámbolos dous partidos.

A quenda nesta xornada era para os equipos B de alevíns e benxamíns. Os rapaces de Javier, o benxamín b, gañarían por un contudente 12-0 ao SD Ribadeo B. Alex con 4 goles foi o máis destacado do encontro. Pola tarde viviríase o partido máis intenso da xornada. O alevín b gañaría por 6-5 ao EF Viveiro B logo dun trepidante duelo.

 

CLARA DERROTA NA VIAXE A TABOADA 5-0: 

O Burela caeu derrotado o pasado domingo no campo de A Medela. Os verdes perdoaron demasiado e careceron de profundidade ante un conxunto local que goleou na segunda parte.

Ficha técnica:

Taboada: Roi, Fabricio, Alex, Pablo, Iván, Nico, Poyán, Guerreiro, Manuel, Andresin, Emilio. Tamén xogaron: Ríos, Montes, Victor e Ceás

Burela: Borja, Miguel, Pedro, Moncho, Fabián, Julio, Bruno, Gilson, Balbino, Oscar, Felix. Tamén xogaron: Revilla, Javi, Miguel Gomes e Rodrigo

Categorías inferiores fútbol 11: Pleno de vitorias

Nun campo marcado polas fortes chuvias o Burela xuvenil conseguiu a vitoria logo do gol de David nos últimos minutos. Os pupilos de Abel despregaron un mellor xogo, sobre todo na segunda metade, e gañaron a un Xove Lago que se presentaba na Marosa como invicto na categoría.

Os cadetes de Jaime venceron na mañá do domingo ao Sagrado Corazón. O equipo visitante poríase por diante no marcador pero o bon facer dos rapaces fixo que o resultado cambiara xa na segunda metade. Marcaron polos burelaos Deonildo (2), Danilson e Diego

Os infantís gañaron pola súa banda ao Palas. Os rapaces de Julio venceron en xogadas de estratexia a un gran equipo e preparan a súa visita ao difícil campo do Foz. Marcaron por os burelaos Héder (2), Aarón Coto, David Ben e Ánxel.

Categorías inferiores fútbol 7: derrotas ante o Santiago de Foz e vitorias dos equipos A

A xornada de fútbol 7 comezaría o sábado pola mañá coa abultada vitoria do Burela benxamin A ante o SD Ribadeo B por 2-16. Os rapaces de Nito mostraronse moi superiores ante un conxunto local de primeiro ano.

Na xornada de tarde chegarían as derrotas do benxamín b (0-4) e o alevin b (5-7) ambos equipos enfrontáronse ao Santiago de Foz que foi superior en ambos encontros.

No partido do domingo o conxunto alevin A, gañaría por 3-1 ao ED Lourenzá, amosándose como un serio candidato ao título de Copa.

 

DERROTA NO DERBI ANTE O ALFOZ:

A SD Burela caia derrotada o domingo, (2-3) contra o Alfoz nun partido con dúas partes ben diferenciadas. 

Na primeira parte o equipo visitante saíu máis metido no partido e conseguiu tres goles nos primeiros trinta minutos. Na segunda parte o Burela cambiou a imaxe e buscou o empate con máis corazón que cabeza e gozou de numerosas ocasións pero escasa fortuna, Carballeira e Balbino foron os autores dos tantos bureleses. Rompe así o Burela unha racha de tres partidos consecutivos gañando e para a semana visitará o difícil campo do Taboada.

S.D.Burela: Borja, Miguel, Pedro, Fabián, Julio Cayón, Joao, Miguel Gomes, Félix, Bruno, Óscar e Balbino. Tamén xogaron Revilla, Julio Neira, Moncho, Rodrigo e Javi.

Alfoz: Simón, Luismi, Anxo, Legaspi, Álvaro, Pille, Moya, Gil, Martín, Esteban e Cora. Tamén jugaron Chicho e Jacobo.

O Praia de Covas continúa lider no taboleiro da clasificación logo da visita do Burela cadete. Os rapaces de Jaime realizaron un gran partido e puxéronse con cero a dous no marcador con tan só trinta minutos de xogo disputado grazas aos goles de Diego e Deonildo, este de penalti que supuxo a expulsión dun xogador de Covas. Antes do descanso o conxunto local recortaría distancias e na reanudación disporían de máis ocasións que os visitantes e resolverían o partido á contra. 

O Becerreá remontou en dúas ocasións a un Burela infantil que caeu derrotado (6-2) que se viu abaixo no tramo final. Os goles por parte do Burela foron de Dani López.

Os rapaces dos equipos A de fútbol 7 gañaron con suficiencia os seus partidos ante o Mondoñedo. O primeiro partido disputado ás 11:00 do domingo sería para o Benxamín A da SD Burela por un contundente 13-1. Seguidamente os rapaces de Óscar, o Alevin A gañarían por un amplío 10-0 aos rapaces do Mondoñedo poñéndose en cabeza nos seus grupos de Copa.

 

TRES PUNTOS NO FRIO:

Desprazamento do Burela ó difícil campo do Cabreiros. Nun domingo con bastante frío e vento o conxunto burelao impúxose cun solitario gol de Jaime ante un combativo equipo local.

Cabreiros: Carlos, Chechu, Noé, Camello, Abel, Pepe, Adrian, Fran, Pablo, Rivas e David. Tamén xogaron: Manu, Dani Martinez, Pedro e Juan

S.D.Burela: Borja, Moncho, Pedro, Faibán, Edson, Félix, Julio, Revilla, Rodrigo, Oscar Carballeira e Jaime. Tamén xogaron: Bruno, Javi, Xosé e Gilson

O equipo xuvenil, dirixido por Abel desprazouse ó campo do Lourenzá, situado no último posto da táboa. Os bureleses adiantáronse pero na segunda metade non deron a imaxe esperada e viron como os veciños de Lourenzá remontaban o partido e conseguían a súa primeira vitoria. (2-1)

No campo anexo da Marosa xogaron os cadetes. Partido marcado polo primeiro gol do Foz no minuto un e a falta de actitude dos rapaces de Jaime que caeron finalmente derrotados por 2-4.

Caerían derrotados tamén os rapaces de Julio. O partido estivo marcado pola expulsión de Yago e a superioridade física visitante. Os burelaos rendiron a un bo nivel e viron como as súas forzas decreceron cun home menos no campo.

Gañarian os seus partidos de debut en competición de Copa da Costa os rapces do Benxamin B (3-6) e o Alevin B (1-2) en ambos partidos os burelaos mostraron boas maneiras de cara á liga que comeza.

 

TRES NOVOS PUNTOS:

O Burela impúxose (3-1) ao Riotorto no partido da séptima xornada de Liga adiantado ao sábado. A primeira metade foi moi igualada chegándose ó descanso con empate a un gol. No segundo tempo o Burela saiu en tromba e conseguiu dous goles de fermosa factura obra de Balbino e Félix.

S.D.Burela: Ramón, Moncho, Pedro, Julio Cayón, Julio Neira, Revilla, Miguel Pardo, Javi, Rodrigo, Jaime e Óscar. Tamén xogaron: Balbino, Félix, Edson, Gilson e Fabián

Riotorto CF: Cupeiro, Martín, Álex, Borja, Brenan, Geni, Moreno, Ramiro, Venancio, Luna e Cristian. Tamén xogaron: Jesu, Carlos, Lourido e Antonio.

O Burela xuvenil encaixou a súa primeira derrota o pasado sábado ante o Ribadeo (3-5) os pupilos de Carlos aproveitaron os erros defensivos dos de Abel para facerse coa vitoria. Na primeira parte o Burela impuxo o ritmo pero os visitantes conseguirían poñerse por diante no marcador ás primeiras de cambio. Os rapaces de Abel igualaron pero os novos erros na defensa fixeron que o Ribadeo se foran con vantaxe ao descanso (2-3). Na segunda parte, a historía non cambiou, os xuvenís respondían con goles ata que o Ribadeo marcou o tanto que supuxo a vitoria definitiva.

O Burela cadete sumou tres puntos máis na súa quinta xornada de liga. O encontro disputado no campo de Polvorín, foi moi igualado e o equipo local púxose por diante no marcador. A partir dese momento os pupilos de Cuchi relaxáronse e o Burela aproveitou un despiste defensivo para levar o empate ao marcador. Na segunda parte, o conxunto de Jaime foi a polo partido e a vitoria chegou a falta de cinco minutos, cun remate de Álvaro ó segundo pao.

As Ef Polvorin deron a sorpresa da xornada da liga infantil. Nun partido moi igualado os visitantes loitaron durante os oitenta minutos empatando o partido a falta de 5 minutos,  pero na ocasión final os rapaces de Lugo gañaron o encontro.

 

NOVA VITORIA NA MAROSA:

A S.D.Burela conseguiu tres novos puntos no encontro ante o Portomarín no cal dominou e tivo numerosas ocasións.

A primeira parte estivo marcada polas ocasións do Burela, Jaime desperdiciaría unha a porta vacía e o gol chegaría por medio de Óscar de penalti. Nos últimos minutos o conxunto visitante marcaría o seu gol logo dunha xogada combinativa. 

Na segunda parte, outro penalti transformado por Óscar e unha xogada individual de Julio Neira logo dun roubo de balón cerrarían o partido.

S.D.Burela: Ramón, Moncho, Fabián, Julio Cayón, Julio Neira, Revilla, Juanito, Rodrigo, Félix, Jaime, Óscar. Tamén xogaron: Javi, Joao, Gilson, Pedro e Edson

Portomarín: Valdo, Fabio, Javi, Plácido, Iván, Pisos, Sito, Isaac, Deco, Josito e Óscar. Tamén xogaron: Dani, Navallos e Celso.

Nas categoráis inferiores destaca a vitoria do equipo xuvenil no derbi ante o Foz. Neste partido os pupilos de Abel mostraron a súa superioridade, mentras que os locais faltoulles fortuna para acadar un mellor resultado. Durante os primeiros minutos o partido estivo igualado. No minuto 34 nunha xogada iniciada fora da área marcaría Sito un fermoso gol. Desde ese instante chegarían os mellores minutos do Burela. Tras o descanso, o conxunto local recobrou forzas e tivo un remate ao longueiro mentras que o Burela levaría perigosas contras cara o seu marco.

Estrenaría o seu casilleiro de puntos o conxunto cadete. Os rapaces dirixidos por Jaime vencerían por 6-0 a un combativo Sarria. Deonildo con tres goles foi o máis destacado do partido. Tamén conseguiría a vitoria o equipo infantil, neste caso o seu rival foi o capitalino San Roque que caeu derrotado por un contundente 13-0  Aaron foi o protagonista do partido para o seu entrenador ao lograr dos fermosos goles.

Xa por último, en fútbol sete disputaríanse amistosos cos equipos veciños. En alevins o equipo A dirixido por Óscar gañrou 6-5 ao Santiago de Foz A e o equipo de Rodrigo perdeu 2-3 contra o Santiago de Foz B. Na súa visita a Viveiro os rapaces de Nito venceron por 5-7 ao EF Viveiro e os de Javi Ruiz por 1-10 ao Sacido.

 

EMPATE NOS ÚLTIMOS MINUTOS E DEBUT POSITIVO DO XUVENIL:

O primeiro equipo da SD Burela desprazábase ao campo do Lourenzá o pasado domingo. O equipo local adiantaríase no marcador por medio de Marcos, tras unha falta de entendemento dos xogadores burelaos. No segundo tempo, o Burela, foi a por todas e gozou de máis ocasións ante un rival repregado no seu campo. O gol do empate lograríao Miguel Gomes logo dun barullo na área tras un corner.

Lourenzá: Xoel, Oli, Carro, Omar, Lucas, Otero, Monchiño, Pachiche, Marcos, Recalde e Toñito. Tamén xogaron: Noé, Jorge e Alberto

S.D.Burela: Ramón, Fabián, Pedro, Cayón, Neira, Revilla, Juanito, Rodrigo, Javi, Joao e Jaime. Tamén xogaron: Gilson, Miguel Gomes e Edson

O debut desta fin de semana foi do xuvenil, o equipo que dirixe Abel, venceu a un combativo Cospeito que para nada puxo as cousas fáciles aos burelaos. Miguel marcaría o primeiro gol para os verdes logo de transformar un penalti. Na segunda parte os visitantes porían as táboas no marcador e Sito cun fermoso gol, cerraría o marcador para o Burela nun partido marcado por as altas temperaturas.

Outro dos desprazamentos desta fin de semana foi o do Burela infantil. O equipo adestrado por Julio Cayón empatariá o seu primeiro partido desta temporada (2-2) ante un bon equipo como é o CD Lugo B. O partido vibrante por ámbalas dúas partes foi ben xogado por os dous equipos que mereceron mellor sorte de cara o gol, os goles do Burela foron obra de David e Arón.

 

O LEMOS FAI CAER A PRIMEIRA DERROTA NA MAROSA:

O conxunto monfortino conseguiou os tres puntos nun partido que rematou con cero goles a un a favor do Lemos o tanto foi anotado por Marino, o Burela non estivo afortunado de cara a gol, ademáis o colexiado anulou un gol na primeira metade a Balbino por presunto fora de xogo.

Ficha técnica:

S.D.Burela: Ramón, Miguel Pardo, Pedro, Fabián, Julio Cayón, Joao, Bruno, Revilla, Rodrigo, Balbino e Jaime. Tamén xogaron Óscar, Miguel Gomes e Gilson

Lemos: Macía, Sergio, Pacín, Alami, Brian, Michael, Diego Quiroga, Marino, Carrasco, Dafonte e Fabrice. Tamén xogaron: Diego Torres, Adrián e Cesar.

O Burela xuvenil disputou o seu último adestramento antes do inicio de Liga contra o Cospeito o próximo fin de semana. Os burelaos venceron na súa casa ao Lourenzá o pasado sábado por tres goles a un demostrando mellorías no seu xogo

Tamén venceu no mesmo día o equipo infantil, os rapaces de Julio Cayón gañaron por trece goles a un a un combativo ED Ribela de Sarria.

Xa por último os rapaces do equipo cadete caeron derrotados o pasado domingo por catro goles a cero contra o Ribadeo. Equipo que se mostrou moito máis atinado de cara a porta e aproveitou os fallos visitantes.

 

PRIMEIRA DERROTA DA TEMPADA:

A SD Burela desprázabase na mañá do domingo ao difícil campo do Bóveda, equipo que presumiblemente loitará polos postos cabeceiros e que aínda non conseguira ningunha vitoria. Os bureleses veron como no min.11 as cousas se torcían o pintar o colexiado un penalti que os locais transformaron. Durante a segunda metade o ¨Burela buscaría o empate pero a fortuna foi esquiva para os verdes que viron como no min.81 Suso anotaba o definitivo 2-0.

Ficha Técnica:

AD Bóveda: Vene, Castro, Jose, Ibi, Moya, Dudú, Fran, Iván Patiño, Iago, Marzán e Sousa. Tamén xogaron: Suso, Pilis, Diego, Arias e Samuel.

S.D.Burela: Borja, Miguel, Cayón, Pedro, Fabián, Joao, Revilla, Jaime, Félix, Rodrigo e Bruno. Tamén xogaron: Juanito, Gilson, Julio Neira, Edson e Moncho.

Tamén destacar na fin de semana a derrota do equipo cadete no seu debut (2-5), tras unha boa primeira metade os rapaces non souberon xogar con marcador a favor ante un correoso Monterroso. O empate a dous chegaría antes do descanso e tras a reanudación o conxunto visitante poríase por diante no marcador. A partir de ahí houbo ocasións para os dous equipos, os dous ultimos tantos foron froito da desesperación local.

Por outra banda o equipo infantil venceu por 5-3 o Sagrado Corazón, nun partido moi divertido e con constantes ocasións, os burelaos tiveron unha maior efectividade de cara a porta do equipo rival.

 

TODOS SANOS TRAS UN PARTIDO MOI DISPUTADO: 

O Burela impúxose (3-1) ao Ferreira de Pantón tras un partido marcado polos contratempos físicos dos verdes. Na primera parte, nun balón dividido Julio Neira sufriria unha lesión na testa que tería que ser tratada no Hospital da Costa. Ao longo da primeira parte o xogo foi nivelado cun Burela que gozou de boas oportunidades.

Na segunda metade no minuto 67 a expulsión do central do Ferreira, Juan Manuel, tras propinar un golpe a Balbino na testa, sería decisivo para o resto do partido. Rodrigo transformaría o penalti que daría ventaxe ao Burela. Logo disto o xogo sería sendo nivelado pero o Burela gozou de máis ocasións grazas a súa superioridade numérica e gañaria o partido por 3-1 despois de dous novos goles, obra de Jaime e Gilson. Tódolos lesionados foron tratados e dados de alta na tarde de onte.

Ficha técnica: 

Burela: Borja, Javi, Fabián, Pedro, Julio Cayón, Joao, Julio Neira, Rodrigo, Félix, Jaime e Balbino. Tamén xogaron: Moncho, Juanito, Bruno, Gilson e Moro

Ferreira: Óscar, David, Víctor, Alami, Juan Manuel, Mateo, Quiroga, Óscar Rodriguez, Kiss, Edgar López e Xosé. Tamén xogaron: Manuel, Oscar Martínez, Joao Paulo e Mohamed.

Incidencias: Partido arbitrado por Julián Gómez da Delegación da Mariña. Os goles foron anotados por: Rodrigo, Jaime e Gilson polo Burela e Oscar Martínez polo Ferreira

O primeiro equipo das categorías inferiores da SD Burela en debutar foi o infantil. A visita a Lugo dos rapaces dirixidos por Julio foi moi positiva pois acadaron a súa primeira vitoria grazas aos goles de Aron e Jordan. Os máis destacados para o técnico verde neste partido foron Edmilson, Heder e David.

 

GRAN DEBUT LIGUEIRO:

O Burela conseguiu estrear o seu casilleiro de puntos, logo de vencer o pasado domingo, por cero goles a tres ó Valadouro. O partido púxose pronto de cara para o equipo de Suso xa que  un tempraneiro gol desmoralizou o conxunto local. O devir do partido fixo que o Burela xogase con tranquilidade e conseguira unha mallor renda. Vitoria merecida dos verdes que o fin de semana próximo debutarán na Marosa ante o Ferreira de Pantón, que ven de vencer por 2-0 aó Lourenzá.

Ficha Técnica:
 
Valadouro: Dani, Chiqui, Marrube, Trigo, Borja, Cándido, Paquito, Pipe, Cristian, Brais e No. Tamén xogaron: Iván, Alex, Roberto, Montero e Juanra.
 
Burela: Borja, Miguel, Julio Cayón, Pedro, Fabián, Joao, Neira, Revilla, Balbino, Jaime e Félix. Tamén xogaron: Moncho, Juanito, Rodrigo e Gilson.
 
Incidencias: Partido arbitrado por Polo Fernández da Delegación da Mariña. Os goles verdes foron anotados por: Julio Cayón (2) e Balbino. 

 

HORARIOS ADESTRAMENTOS 2011/2012:

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 XUVENÍS (17h/18:30h)  (CAMPO ARTIFICIAL) 

 

 

 

  

XUVENÍS (17h/18:30h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 

 

  INICIACIÓN (18h/19h)  (CAMPO NATURAL)

 

  

INFANTIS (18h/20h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 ALEVÍNS (18:30h/20h)(CAMPO ARTIFICIAL) 

 

  XUVENÍS (18h/20h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 

 INFANTÍS (18h/20h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 

 INICIACIÓN (18h/19h)(CAMPO ARTIFICIAL)

ALEVÍNS (18:30h/20h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 

 

BENXAMINS (19h/20h) (CAMPO ARTIFICIAL)

 PREBENXAMINS (19h/20h)   (CAMPO NATURAL)

 

  

 BENXAMÍNS (19h/20:30h) (CAMPO NATURAL)

 

  

PREBENXAMÍNS (19h/20h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 

 CADETES (20h/21:30h)     (CAMPO ARTIFICIAL)      

 

 

 

 

 CADETES (20h/21:30h)(CAMPO ARTIFICIAL)

 

 

 

RESULTADOS DA PRETEMPADA 2011/2012:

Estes foron tódolos marcadores da pretempada da S.D.Burela, o vindeiro domingo 4 de setembro no Campo do Árbol do Valadouro comeza a tempada de Primeira Autonómica para o equipo burelés ante a ADC Valadouro.

 

  • S.D.Burela (2) - Iberia CF (1)

  • S.D.Burela (1) - Viveiro CF (0)

  • Xove Lago (4) - S.D.Burela (2)

  • S.D.Burela (1) - Astur Vegadense (3)

  • S.D.Candelaria (1) - S.D.Burela (1)

  • S.D.Burela (2) - S.D.Candelaria (0)

 

A PRETEMPADA INICIASE O 2 DE AGOSTO:

O novo proxecto da S.D.Burela en Primeira Autonómica botará a andar o vindeiro 2 de agosto. De novo con Suso Pena ''Pitufo'' ó mando, o conxunto burelense iniciará a preparación para a tempada con polo menos sete caras novas.

Entre as fichaxes confirmadas polo clube da Marosa destacan: Felix (Xove Lago), Cortegaza, Moncho e Balbino (todos eles procedentes do Iberia),  Fabián (San Ciprian xuvenil), Celes (Burela Turística FS) e Borja, ex-porteiro verde na 2007/2008. Tamén se confirma que os xuvenís Joao e Gilson pasan a formar parte do primeiro equipo.

As posibles baixas para a vindeira tempada son os porteiros Raúl e Rato, os defensas Rubén e Oscar Otero e o atacante Manolito que xa confirmou a súa fichaxe polo Xove Lago.

Por outra banda o xogador de segundo ano xuvenil, Miguel Angel Gomes Gomes encontrase dende o pasado xoves realizando unhas probas para entrar no equipo de División de Honor Xuvenil do CD Lugo. No caso de dar o salto, competirá na mellor categoria xuvenil recentemente recuperada polos capitalinos, co ascenso da temporada pasada. Se non fora posible regresaria ao primeiro equipo do Burela, onde hasta o de agora  fixo un grandisimo papel.

 

COMPOSICIÓN GRUPO 2011/2012:

O campionato 11/12 de Primeira Autonómica xa ten data de inicio, o domingo 4 de setembro. Nunha das ultimas asambleas da federación galega fixose publico esto ademáis da composición definitiva dos catro grupos (un por provincia).

O grupo lucense estará formado de novo por 18 equipos, solo catro deles da Mariña:  Lourenzá, Burela, Valadouro e Alfoz. Por tanto a representación mariñá vese reducida en dous equipos debido ó ascenso do Ribadeo e os descensos de Folgueiro e Iberia. Como nas derradeiras tempadas os dous primeiros clasificados ascenderán directamente, mentras que o descenso afectará ós dous últimos clasificados, ainda que haberá que estar pendente dos arrastres que se produzan.

Lemos, Outeiro de Rei, Castro, e Paramo que veñen da Preferente, e Alfoz, Xermade, Portomarín e Residencia que veñen de ascender son as novidades para a 2011/2012.